Rótulos Mace instala o maior rótulo luminoso do mundo das súas características na cidade financeira do Banco Santander en Madrid

O rótulo aproxímase aos corenta metros de lonxitude e case oito metros de altura, cunha profundidade de 50 cm. Fixado sen trades nin soldaduras, está suxeito a 72 soportes de base ancorados por presión. Non obstante, a característica que o fai único é a súa curvatura, que se adapta ao perfil elíptico da fachada da cidade financeira do Banco Santander. Ese aspecto convérteo na peza máis grande do mundo desta categoría, segundo consta nos informes remitidos a Rótulos Mace por Aserluz España, 3M Internacional e the Guinness World Records.


Dous meses de intensa actividade median entre o inicio da fabricación e a instalación da marca do grupo Santander no edificio Alhambra da cidade financeira en Boadilla del Monte.

O resultado é un rótulo integro con estrutura de aluminio e un frontal fabricado en substrato dunha soa peza, laminado de vinilo 3M da cor vermella corporativa do Banco de Santander. Os grafismos modulares -o anagrama e as letras- tamén foron fabricados en aluminio con frontais en substrato branco e inseridos sobre o fondo vermello do rótulo. Todo o substrato de vinilo inclúe unha protección ultravioleta do grao 80. A iluminación está formada por 19.000 leds vermellos e brancos Tridonic autorregulados que achega unha gran visibilidade e nitidez ao rótulo, próxima aos 1.500 metros. O resultante é un conxunto de 400 candeas que cumpren a normativa establecida sobre contaminación lumínica ambiental (Decreto 82/2005 de maio).

Unha vez máis, Rótulos Mace, sitúase a vangarda do seu sector con esta realización.

5 3 2 1 N

 

 

 

 

 

 

 

 

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

Rótulos Mace instal·la el major rètol lluminós del món de les seves característiques a la ciutat financera del Banc Santander a Madrid

El rètol te una longitud de prop quaranta metres i gairebé vuit metres d’alçada, amb una profunditat de 50 centímetres. Fixat sense trepants ni soldadures, és subjecte a 72 suports de base ancorats per pressió. No obstant això, la característica que el fa únic és la forma curvilínia, que s’adapta al perfil el·líptic de la façana de la ciutat financera del Banc Santander. Així, es converteix en la peça més gran del món en aquesta categoria, segons els informes remesos a Rótulos Mace per Aserluz Espanya, 3M Internacional i the Guinness World Records.